No mes de abril Asociación Andaina organiza un club de lectura fácil, unha nova iniciativa en colaboración co Concello de Redondela, a Biblioteca Pública Municipal e a Fundación Filomena Rivero Alonso.
O club de lectura estará destinado a persoas con distintas capacidades lectoras e/ou dificultades de comprensión e será dinamizado pola traballadora social de Andaina e unha persoa voluntaria, terá periodicidade mensual.
Os obxectivos desta proposta son os seguintes:
- crear un novo espazo lector inclusivo na BPM de Redondela
- ofrecer un servizo adaptado ás necesidades de cada lector ou lectora.
- preparar lectores para formar parte do club de lectura de adultos
- seguir avanzando na inclusión socioeducativa