A asociación Andaina organiza o IX festival de curtametraxes e diversidade funcional, que se levará a cabo no concello de Redondela, do 6 ao 18 de abril, cumprindo coas medidas sanitarias relacionadas co COVID-19 existentes nas datas de realización do festival. A directiva do festival está a traballar nas distintas situacións e escenarios posibles.

As persoas interesadas poden enviar as súas obras, as cales deberán estar protagonizados ou dirixidos por persoas con discapacidade (con temática libre) ou que o guión verse sobre a diversidade funcional.

Existen dúas seccións competitivas: a sección profesional cun premio por valor de 500€ otorgado polo comité de avaliación e a sección novel, traballos realizados e producidos por centros educativos e de atención a persoas con diversidade funcional cun premio por valor de 200€

A recepción de obras estará aberto ata o 31 de xaneiro e deberán ser enviadas ao festival en formato dixital a través das plataformas movibeta.com e festhome.com

Entrade nas bases para máis información.

Bases Galego Festival de cine 2021

Bases español Festival de cine 2021