O pasado 31 de xaneiro rematou o prazo para inscribir as curtametraxes a IX edición do FIC Andaina, Festival  de carácter internacional dedicado a visibilizar e sensibilizar sobre a diversidade funcional a través do mundo do audiovisual. Éste previsiblemente realizarase no mes de abril, do 6 ao 18, en Redondela.

O xurado encargado da visualización das curtas chegadas, traballaron intensamente durante estas últimas semanas para a súa visualización; destacan a gran calidade dalgunha das propostas participantes, ademáis da variedade de temáticas tratadas.  Nesta novena edición, tras a primeira criba, preseleccionáronse 48 curtametraxes, chegadas dende todo o mundo, Canadá, Venezuela, Colombia, Suecia, Irán, aínda que continúa sendo maioritaria a presencia de curtametraxes españolas.

Lonxe quedaron os anos onde non había case material co que poder realizar a nosa sección dentro do xa desaparecido FIC Redondela, onde pouco a pouco foi collendo máis importancia, ata chegar a onde hoxe estamos.

A seguir creando, dirixindo e protagonizando curtas onde a diversidade sexa o eixo central.