O pasado venres 25, presentouse en Redondela a X edición do Festival Internacional de Curtametraxes e Diversidade “FICANDAINA”, que organiza a Asociación Andaina e a Asociación cultural ASCEDAN

O festival na súa X edición, cuarta coma festival independente, despois da súa andadura no seo do desaparecido Festival Redondela en Curto, presentouse na Praia de Cesantes, no entorno da enseada de San Simón, e contou coa presenza do actor redondelá Miguel Borines, ademáis da Presidenta da Asociación Ascedan, Magaly Couñago e o Presidente da Asociación Andaina e Responsable do Festival, Antonio García.

O Festival, que conseguiu celebrarse durante os dous anos de pandemia, retoma este ano a normalidade para achegarse as cifras de anos anteriores e con importantes novidades. Este ano como una das novidades, estrearase trasladándose o Concello de Moaña, donde arrancará o día 22 de Abril con proxeccións nos centros educativos desa localidade e o día 23 cunha proxección aberta a todo o público na Casa da Mocidade, donde se proxectarán os bloques 1 e 2 da sección oficial do festival.

Na seguinte semana,  a programación xa se traslada o Multiusos da Xunqueira en Redondela, donde do 27 ao 29 de Abril en horario matinal, pasarán polo auditorio redondelá máis de 1000 alumnos de diferentes centros escolares de Redondela, Soutomaior e Vigo, que contarán con proxeccións de cine, charlas e exibicións deportivas.

cartel fic

Cartel da X edición FIC Andaina 2022

A programación aberta o público arrancará o mércores 27 con outra das novidades, unha experiencia sensorial, donde os asistentes a proxección, poderán meterese na situación de vivir o cine dende os sentidos, con proxeccións audiodescritas para persoas cegas e subtituladas para persoas xordas. A actividade contará tamén con intérprete en lingua de signos.

O Venres 29 chegará un dos pratos fortes para os máis cativos. As 19h proxectarase a recente gañadora nos Premios Goya  “Valentina” premiada este ano co Goya a mellor película de animación e donde contaremos coa presenza da sua directora Chelo Loureiro.

O sábado 30 as 17h teremos una nova oportunidade para volver a ver “Valentina”. Continuará a programación do sábado, as 19h con outra das novidades, a creación da sección Documental. E de seguido, as 20h a proxección do Bloque 1 da sección oficial, para rematar a xornada cunha actuación musical.

O domingo arrancará as 18h coa proxección da sección escolar-novel, con traballos realizados en centros escolares ou de atención a persoas con Diversidade Funcional.

As 20h tocaralle o turno ao Bloque 2 da sección oficial e ao rematar as proxeccións, farase entrega dos galardóns os premiados nas diferentes categorías de Mellor curtametraxe, con Premio do xurado e Premio do público, Mellor Intérprete, Mellor curta sección escolar e Mellor documental.

Pódese consultar toda a información  do festival e para adquirir as entradas na web da Asociación

imagen cartel FIC

Imaxe do cartel da X edición FIC Andaina 2022