A asociación Andaina inicia unha campaña de recadación de fondos co obxetivo de consolidar o seu proxecto de formación prelaboral e centro ocupacional.
Esta asociación fundada hai 25 anos, reiniciou o seu camiño no 2011, traballando en Redondela con nenos e nenas con diversidade funcional e pondo en marcha un proxecto que pretende dotar a este concello de tódolos servizos que unha persoa con diversidade funcional precisa, dende a atención temperá ata a formación e incorporación o mercado laboral.
Nestes intres traballan na creación dun centro ocupacional e de formación, que de resposta a demanda existente en Redondela, xa que non existe no concello ningún servizo que atenda estas necesidades.
Esta iniciativa solidaria naceu logo de que no pasado mes de Xuño, a asociación sufrira un roubo nas suas instalacións de Trasmañó, no que lle foi sustraida a ferramenta e maquinaria que os alumnos utilizaban no programa de horta e mantemento de zonas verdes. Isto supuxo un gran revés para o inicio do novo curso.
Ademáis, este ano se pon en marcha un novo programa formativo de cociña e servizo de comedor, para o que a asociación está acondicionando un espazo para a instalación da cociña.
Outra das novidades é o servizo de transporte os seus alumnos, grazas a adquisición dun vehículo adaptado, no que a Xunta de Galicia subvenciona aproximadamente o 40% e o resto o sufraga a asociación con fondos propios.
A campaña ten por obxectivo tres liñas de financiamento: a reposición da maquinaria sustraída, instalación da cociña e o pago da furgoneta adaptada.
Diversas entidades locais e clubes deportivos xa amosaron o seu apoio e o longo deste mes, levaran a cabo diferentes iniciativas en favor desta causa.
A iniciativa “Pegadas con alma“, que xa ten colaborado en Redondela con outras causas solidarias, sumase a esta iniciativa cun evento solidario programado para o día 3 de decembro, coincidindo co día internacional das persoas con discapacidade.
A Asociación Andaina, leva varios anos organizando diversos actos de visibilidade e conciención social, xunto con outras iniciativas en Redondela, para mellorar a accesibilidade e lograr unha mellor inclusión social.