INICIATIVA SOLIDARIA EN FAVOR DE ASOCIACION ANDAINA DE PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL DE REDONDELA
Asociación Andaina Redondela e Pegadas con Alma presentamos a iniciativa MONTA UN BO CACAO
Promovemos unha iniciativa solidaria “Monta un Bo Cacao” dirixida a EMPRESAS e COMERCIANTES. Impulsamos este reto con dous obxectivos definidos:
- Reivindicar e xerar un compromiso ó acceso ó emprego das persoas con Diversidade Funcional
- Recadación de fondos para a instalación dunha Cociña Semiprofesional na nosa sede social para a realización do Módulo formativo de Hostelería dos alumnos e alumnas do programa de Formación Prelaboral de Andaina.
Para iso precisamos do apoio e colaboración de vos. Empresas e comerciantes do pobo que nos impulsen para conseguilo.
¿Quere axudarnos? ¿Queres ser o noso sponsor?
Podes convertirte en:
Aquelas empresas ou comercios que prefirades aportarnos materiais, ou teñades outra idea para colaborar, estaremos tamén encantados.
Faremos un mapa solidario de Redondela cas entidades participantes, e realizaremos un fin de campaña coa presencia de tódolos nosos sponsor. Estaremos en RRSS, blogs, prensa.
¡Forma parte do RETO! ¡Axúdanos a conseguilo!
Información e inscripción en asociacionandainaredondela@gmail.com
II RETO PEGADAS CON ALMA
(#PegadasxAndaina)
Pegadas con Alma é unha iniciativa creada por Patri do Camiño e Heidi Vander Biest para impulsar accións de voluntariado social na área de Redondela.
O primeiro reto en 2021 foi colaborar con Asociación Lenda (Saúde Mental) para a reposición de todo o seu material deportivo; o éxito da campaña, permitiu ademáis cubrir diferentes programas de descanso familiar.
Na súa segunda iniciativa, #PegadasxAndaina, ademais da recadación monetaria para a instalación dunha cociña semiprofesional na que desenvolver ao máximo as capacidades e habilidades dos socios, buscaremos reivindicar a importancia de xerar espazos máis inclusivos en contornas escolares, laborais ou familiares.
A razón última de Pegadas con Alma, que conta co respaldo do Concello de Redondela e a Asociación de Empresarios, é contribuír á construción dunha comunidade máis solidaria, sensible e integrada.