Chega abril e con el unha das actividades máis especiales da asociación, O  FESTIVAL DE CURTAMETRAXES E DIVERSIDADE ANDAINA, que este ano celebra xa a  undécima edición.

O festival celebrarase en Redondela, no multiusos de A Xunqueira entre o 16 e o 23 deste mes.

O FIC Andaina destaca por  ser o único festival en Galicia  adicado integramente a temática da diversdiade funcional,  naceu hai 11 anos para sensibilizar e naturalizar a diversidade funcional na nosa sociedade.

Estimase que arredor de 1600 persoas acudan ao festival  entre as proxeccións abertas a veciñanza e os pases da programación exclusiva para escolares.

O festiva dará o pistoletazo de saída o domingo 16 de abril, coa proxección de O home e o can de Ángel de la Cruz e protagonizada por Manuel Manquiña,  longametraxe gañadora do premio do público do Ourense Film Festival do 2022 e premio da crítica, mellor actri, mellor guión montaxe e dirección de casting no Festival de Cine de Madrid, onde poderemos manter un coloquio ao remate da pelicula.

Durante toda a semana escolares chegados de Redondela e concellos limítrofes onde disfrutarán de exhibicións deportivas, actividades de sensibilización e charlas de persoas con diversidade mostrando a súa experiencia de vida.

O sábado 22 de abril e o domingo 23, realizaranse as proxeccións abertas á sociedade, onde se proxectarán os bloques oficiais un e dos, así como a sección escolar novel e a sección documental.

A venda de entradas online permanece aberta na nosa web ata o día 21 de abril.

Esperamos vervos a todos na sala.

 

A organización.