Ascedan e a Asociación Andaina de persoas con diversidade funcional de Redondela publican as bases da doceava edición do festival internacional de curtametraxes e diversidade funcional Andaina “XII FIC ANDAINA“, con tres seccións competitivas (profesional, nobel e documental) e unha non competitiva (infantil).
Coma requisitos máis salientables:
- Plazo de recepción ata o 31 de decembro, sección nobel ata o 31 de xaneiro
- Envío de documentación a través das plataformas dixitais clickforfestivals, festhome e movibeta.
- As obras deben estar producidas con posterioridade ao un de xaneiro de 2021
- Duración máxima: sección profesional e nobel máximo 20 minutos, sección documental 10 minutos.
Poderanse consultar as bases completas e descargar as mesmas en castelán e en galego premendo nas seguintes ligazóns.