Acción Social

Acción Social

A acción social refírese a calquera acción ou actividade que teña un significado para quen a realiza, afectando ou non ao comportamento dos demais, e cuxa orientación ou inspiración é altruísta e desinteresada. Unha acción é social sempre que sexa consciente, dirixida aos demais, á espera dunha resposta e feita de forma subxectiva.

Premios Andaina

Sed perspiciatis unde omnis natus totam sit voluptatem audantium.

Xornadas Diversidade

Sed perspiciatis unde omnis natus totam sit voluptatem audantium.

Proxectos futuros

Sed perspiciatis unde omnis natus totam sit voluptatem audantium.

Proxectos futuros

Plan de integración laboral: Chegado os 21 anos, idade máxima de escolarización inicianse unha serie de cambios importantes na vida das persoas con diversidade funcional, moitas preguntas invaden os seus pensamentos e os das súas familias, por onde continuar, cara onde orientar a súa vida, polo que creemos necesario a posta en marcha dun servizo de emprego.

Os obxetivos que pergsegue este plan son:

  • Acadar a incorporación das persoas con diversidade funcional o mundo laboral ordinario, a través do emprego con apoio.
  • Mellorar as capacidades e habilidades laborais das persoas participantes no proxecto.
  • Promover unha maior autonomía e autodeterminación das persoas con diversidade funcional.
  • A nosa proposta e a creación do servizo de emprego con apoio, o cal pode entenderse como a creación de postos de traballo normalizados e integrados na comunidade dentro de empresas normalizadas, para persoas con discapacidade, incorporando as axudas necesarias, tratando de que estas condicións sexan o máis similares posibles ás de calquera traballador/a sen discapacidade que ocupe un posto similar.

Caracterízase por ser:

  • Un traballo remunerado en empresas ordinarias, con contrato e para persoas con discapacidade que necesitan seguimento e apoio.
  • Sistema de apoio individualizado que se vai retirando a medida que o/a traballador/a se fai máis autosuficiente e se lle buscan apoios externos.

Proxecto colaboración cos colexios/ sensibilización: A sensibilización e a visualización da diversidade é fundamental para acadar unha sociedade o máis inclusiva posible, traballaranse estes valores de igualdade, solidaridade, respeto… conxuntamente coa escola e para o alumnado dos diversos colexios interesados na proposta.

Proxecto centro ocupacional

A asociación cree na necesidade de crear este servizo para o concello de Redondela e a súa contorna debido as demandas das familias da asociación.

Un centro ocupacional é un servizo especializado de atención as persoas adultas con diversidade funcional, de estancia diurna, destinado a proporcionar habilitación prefesional, persoal e social, para acadar o maior desenvolvemento posible das súas capacidades, persoais, laborais e de integración.

Os obxetivos dos centros ocupacionais teñen doble carácter:

  • Atención integral da persoa con diversidade funcional, que promova a súa vida autónoma e a normalización das súas condicións de vida.
  • Ámbito ocupacional ou prelaboral, orientados a facilitar a súa inclusión social.

Información de contacto

Envíanos un correo electrónico para poñerte en contacto coa Asociación Andaina e poñerémonos en contacto o antes posible.

Centro Comunitario, Aula 2-3
Estrada de Trasmañó, Nº 41,
San Vicente de Trasmañó, CP.36811
Redondela (PO)

+34 698 126 334
+34 625 64 29 57
andainaredondela@hotmail.com

Colabora con Nós