Aviso legal
Aviso Legal
O presente sitio web é propiedade e esta xestionado pola ASOCIACIÓN ANDAINA de persoas con diversidade funcional de Redondela, entidade sen ánimo de lucro, inscrita no Rexistro de Asociacións de Galicia co nº:1997/004009-1 no Rexistro provincial de Pontevedra, RUEPSS E-5621 e no Rexistro municipal de Asociacións do Concello de Redondela Nº 101; cuxos datos completos son os seguintes:
Dirección de notificación: Estrada de Trasmañó, Nº 41, San Vicente de Trasmañó, CP 36811 Redondela.
CIF: G36289064
Correo electrónico: andainaredondela@hotmail.com
Obxecto
ANDAINA pon ao dispor dos usuarios este sitio web: www.asociacionandaina.com , co obxectivo de dar a coñecer as actividades e proxectos que desenvolve a asociación.
O acceso ao sitio web é gratuíto salvo o custo de conexión a internet fornecido polo provedor de acceso contratado pola persoa usuaria.
Responsabilidade
ANDAINA exímese de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web, sempre que esta información fose manipulada ou introducida por un terceiro alleo ao mesmo.
A pesar de adoptar todas as precaucións necesarias para proporcionar informacións actuais e exactas no sitio web, ANDAINA non pode garantir a actualización de toda a información facilitada nin a ausencia de erros ou omisións na páxina web, así mesmo, tampouco se pode garantir a ausencia de virus informáticos, ou de calquera outro compoñente ou condición prexudicial na páxina web. ANDAINA non pode garantir que a dispoñibilidade do servizo sexa continua e ininterrompida en todo momento, debido á posibilidade de que aparezan problemas técnicos na rede, prestadores de servizos de telecomunicacións, avarías etc. A persoa usuaria recoñece e acepta que o acceso e uso do sitio web e/ou dos Contidos incluídos no mesmo é libre e conscientemente, baixo a súa exclusiva responsabilidade. O acceso ao sitio web e/ou aos Contidos incluídos no mesmo non implica ningún tipo de garantía respecto a a idoneidade do Portal e/ou dos Contidos incluídos no mesmo para fins particulares ou específicos das persoas usuarias.
ANDAINA resérvase a facultade de actualizar ou modificar en calquera momento, e sen necesidade de aviso previo estas condicións legais, así como a información contida no sitio web.
Ligazóns a outros sitios web
Agás autorización expresa por escrito, non se permite o establecemento de dispositivos técnicos de ligazón que dende páxinas de terceiros dean acceso directo ás páxinas de ANDAINA. Este portal Web pode conter ligazóns a páxinas externas sobre as cales ANDAINA, non se responsabiliza en ningún caso nin respecto dos contidos nin respecto de calquera outro aspecto relacionado coas devanditas páxinas ou o seu acceso.
Propiedade intelectual e industrial
Todos os contidos deste portal web, marcas, deseños, logos, material sonoro audiovisual, fotográfico ou calquera outros signos ou elementos susceptibles de protección por dereitos de propiedade intelectual e industrial que formen parte do presente sitio web son propiedade de ANDAINA ou de terceiros que autorizaron debidamente a súa inclusión no mesmo e que figuran como autores ou titulares dos dereitos. En ningún caso entenderase que se concede licenza algunha ou se efectúa renuncia, transmisión, cesión total ou parcial dos devanditos dereitos, nin se confire ningún dereito, e en especial, de explotación, reprodución, distribución, transformación ou comunicación pública sobre os devanditos contidos sen a previa autorización expresa e por escrito do seu titular.
Información de contacto
Estrada de Trasmañó, Nº 41,
San Vicente de Trasmañó, CP.36811
Redondela (PO)
+34 625 64 29 57