Asociación Andaina
ANDAINA é unha asociación de acción social, sen ánimo de lucro, que atende a persoas con necesidades especiais.

Base Social
Está formada polos colectivos que están implicados coa nosa misión, e os nosos valores. Son os socios, profesionais, voluntarios, empresas colaboradoras e as entidades públicas ou privadas que axudan a acadar a plena integración deste colectivo.
Poderán ser integrantes da asociación todas as persoas físicas ou xuridicas con plena capacidade de obrar e que reúnan os requisitos legais e estatutarios previstos. Poderán distinguirse os seguintes.
-
Asociados: Persoas que teñan dentro da súa unidade familiar algún membro con necesidades especiais.
-
Socios colaboradores: Persoas comprometidas coa causa que deciden facer unha aportación periódica a asociación.
-
Empresas colaboradoras: Empresas e comercios do concello de Redondela que realizan unha aportación a asociación.
Equipo de profesionais.
Neste momento o equipo de persoas que traballan activamente na está formado por:
Traballadora social
Terapeuta 1 (persoa responsable da terapia con cans)
Terapeuta 2 (persoa responsable da equinoterapia)