Estatutos
Asociación Andaina
Estatutos 2021
ASOCIACIÓN ANDAINA DE PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL DE REDONDELA
Estrada Trasmañó nº 41, Barrio Igrexa -Trasmañó, 36811- Redondela
https://www.asociacionandaina.com/ andainaredondela@hotmail.com
Tlf. 698 126 334 — 625 64 29 57
RUEPSS E-5621
CAPITULO I
DA ASOCIACIÓN EN XERAL
Artigo 1°.- Procédese á modificación dos estatutos da asociación denominada “Asociación Andaina de persoas con diversidade funcional de Redondela” con n° de inscripción 1997/004009-1 no Rexistro provincial de Pontevedra, de asociación sen ánimo de lucro e CIF
G-36289064 ao amparo do disposto no artigo 22 da constitución española, na lei orgánica
1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación e demáis lexisiación aplicable.
Artigo 2°.- O domicilio principal e permanente da asociación radicará na localidade de
Redondela, Estrada de Trasmañó n°41, Barrio Igrexa, San Vicente de Trasmañó C.P. 36811,
teléfono 625642957- 698126334, correo electrónico andainaredondela@hotmail.com
Artigo 3°.- A asociación, en funcións dos seus fines e do emprazamento do seu domicilio
social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da Provincia de
Pontevedra.
Artigo 4º.-
1. A asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.
2. A asociación rexerase segundo so principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordeamento xurídico.
Artigo 5°.-
1. Son fins principais da asociación:
a. Traballar polos dereitos e a integración educativa, social e laboral das persoas con discapacidade, enfermidades raras, trastorno do espectro autista e todas aquelas que por razón físicas, sensoriais ou intelectuais, precisen de apoios especiais para acadar estes obxetivos.
b. Facilitarlles medios para mellorar a súa vida cotiá.
c. Defender os dereitos educativos e de integración.
Artigo 6°.- As seccións
1. Mediante acordo da Asemblea Xeral, a asociación podera constituír seccións dedicadas
a materias ou actividades específicas comprendidas nos fins da asociación, tales como:
deportivas, recreativas, culturais, asistenciais ou xuvenís, coa fin de establecer grupos
especializados nas distintas actividades da asociación.
2. As persoas asociadas interesadas presentarán á Asemblea Xeral da Asociación para a
súa aprobación unha solicitude da súa constitución, xunto cunha lista dos membros
interesados en formar parte dela.
3. A sección, corno tal, carece de personalidade xurídica.
CAPITULO II
DOS ASOCIADOS
Artigo 7°.-
1. Poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas, con plena capacidade de obrar e as persoas xurídicas tralo acordo do seu órgano competente, que non teñan débedas pendentes coa asociación e que reúnan os seguintes requisitos:
a. Persoas maiores de idade e con capacidade de obrar
b. Entidades colaboradoras
c. Personas físicas colaboradoras
2. Os acordos e admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición por escrito da persoa que desexa ser admitida.
Artigo 8°.- Dentro da asociación poderán existir as seguintes clases de asociados:
a. Numerarios, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscripción da acta funcional. Otorgarán as condición de socios todos os membros da unidade familiar.
b. Honorarios, aquelas persoas que, a xuízo da Asemblea Xeral, axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fins da asociación.
c. Infantís, aquela persoas menores de 14 anos con necesidades especiais que participen na asociación, estarán integradas na sección infantil.
d. Xuvenís, os mozos e mozas con necesidades especiais con idade comprendida entre 14 e os 30 sen cumprir.
e. Colaboradores, aquelas persoas físicas ou xurídicas que decidan facer unha aportación puntual á asociación.
f. Participativos, aqueles que fagan unha aportación periódica, por tempo indefinido, e que Ile permitirá participar das actividades que a asociación poña a súa disposición.
Artigo 9°.-
1. A condición de asociado pérdese:
a. Por vontade propia.
b. Por falta de pago dunha cuota anual.
c. Por incumprimento das súas obrigas ou a realización de accións que perxudiquen gravemente ós intereses da Asociación, previo expediente disciplinario, con audiencia do interesado.
d. Por falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
2. A expulsión de asociados e asociadas nos supostos dos apartados b) e c) do parágrafo anterior, será acordada poia Xunta Directiva, Iogo da audiencia do interesado. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución podéranse recorrer ante a xurisdicción ordinaria.
Artigo 10°.- Os asociados e asociadas ten-en os seguintes dereitos:
1. Participar nas actividades da asociación e nos órganos de goberno e representación, exercer o dereito de voto, así como asistir á Asemblea Xeral, de acordo cos estatutos.
2. Ser informado da composición dos órganos de goberno e representación da asociación,
do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.
3. Ser oído con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra el e ser informado dos feitos que dean Iugar ás ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.
4. Impugnalos acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou ós estatutos.
Os asociados e asociadas honorarios, xuvenís, infantís, colaboradores e participativos non intervirán na dirección da asociación nin nos órganos de representación dela. Os asociados e
asociadas honorarios están facultados para asistir ás asembleas xerais con voz, pero sen voto.
Artigo 11°.- Son obrigas dos asociados e asociadas:
1. Compartir as finalidades da asociación e coIaborar para a súa consecución.
2. Pagar as cuotas que se establezcan.
3. Desempeñar os cargos para os que foron elixidos
4. Acatar e cumprir os acordos válidamente adoptados polos órganos de goberno e representación da asociación
5. Acatar o contido dos estatutos.
6. Ter unha boa conduta individual e cívica.
CAPÍTULO III
DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN
Artigo 12°.- A dirección e administración da Asociación serán exercidas polo presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
Artigo 13°.-
1. 0 presidente da asociación será designado pola Asemblea Xeral entre os asociados e o seu mandato durará 2 anos. Será asistido nas súas funcións por un vicepresidente, que o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.
2. O presidente terá as seguintes atribucións:
a. Representar a asociación perante calquera organismo público ou privado.
b. Convocar e presidir as sesións que celebre a Xunta Directiva; presidir as sesións da Asemblea Xeral, dirixir as deliberacións dunha e outra, e decidir con voto de calidade, no caso de empate.
c. Executar os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
d. Ordenar os pagamentos acordados validamente.
e. Asinar as actas, certificados, pagamentos e outros documentos da asociación xunto co secretario ou membro da Xunta Directiva a quen Ile corresponda a elaboración do documento de que se trate.
Artigo 14°.-
1. A Xunta Directiva estará formada polo presidente da asociación, un vicepresidente, un secretario, un tesoureiro e vocais.
2. Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán desempeñados de forma gratuíta, sen prexuizo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacións relacionadas coa asociación. As persoas elixidas para estes cargos deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade levada a cabo pola asociación.
3. A Asemblea Xeral será a competente para elixir os cargos da Xunta Directiva. A súa duración será por un período de 2 anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente.
4. Os cargos cesarán na súa función por:
a. Falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
b. Renuncia voluntaria
c. Transcurso do prazo para o que foron elixidos
d. Acordo de cesamento de toda a Xunta Directiva adoptado por 2/3 dos asociados reunidos en Asemblea Xeral extraordinaria convocada para tal efecto. A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ó cesamento automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ó día o sucesor. As vacantes que se puideran producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva, serán cubertas provisoriamente entre os ditos membros ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral. En calquera caso, a Xunta Directiva debe estar integrada como mínimo por 3 persoas, que exercerán as funcións de presidente, secretario e tesoureiro.
Artigo 15°.- A Xunta Directiva terá as seguintes atribucións:
1. Programar e dirixir as actividades asociativas.
2. Levar a xestión administrativa e económica da asociación.
3. Someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, asi como o estaco de contas do ano anterior.
4. Convocar e fixar a data da Asemblea Xeral.
5. Propoñerlle á Asamblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para os asociados.
6. Designar as comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamiento da asociación.
7. Ditar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estén expresamente asignadas á Asamblea Xeral.
8. Resolver sobre as solicitudes de ingresos de novos asociados.
9. Propoñer o plan de actividades da asociación á Asemblea Xeral para a súa aprobación, impulsando e dirixindo a súas tarefas.
10. Resolver os procedementos disciplinarios que se instrúan.
11. Aquelas que non veñan atribuídas expresamente a outro órgano da asociación.
Artigo 16°.-
1. A xunta Directiva será convocada polo presidente, por iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes.
2. Para os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, da metade máis un dos membros e, en todo caso, do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa. O secretario ou, no seu defecto, o vocal que o substitua, levantará acta das sesións, que se transcribirá ó libro de actas.
Artigo 17°.- Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de acadar delas as informacións necesarias. Formarán parte das ditas comisións o número de asociados que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.
Artigo 18°.- A Asemblea Xeral de asociados e asociadas é o órgano de expresión da vontade da asociación e estará formada por tódolos integrantes desta. O presidente e o secretario da asemblea serán o presidente e o secretario da Xunta Directiva.
Artigo 19°.- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos socios. Neste último caso realizaranse por medio de escrito dirixido ó presidente, autorizado coas sinaturas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.
Artigo 20°.- A Asemblea Xeral Ordinaria reunirase necesariamente dentro dos seis primeros meses de cada ano. Tanto a Asemblea Ordinario como a Extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación pol@ president@ da Xunta Directiva.
A notificación farase a través de medios de comunicación dixitais, email e whatsapp… para as
asembleas ordinarias e para as asembleas extraordinarias.
Artigo 21°.- Serán competencias da Asemblea Xeral Ordinaria
1. Aprobar a acta da reunión anterior
2. Aprobar o plan de actividades.
3. Examinar e aprobar a memoria de actividades.
4. Examinar e aprobar a contas e balances do exercicio anterior.
5. Aprobar os presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.
6. Exame e aprobación das cotas.
Artigo 22°.- Serán competencias de Asemblea Xeral Extraordinaria:
1. Modificar os estatutos da Asociación.
2. Elixir e cesar os integrantes da Xunta Directiva.
3. Aprobar a federación con outras asociación.
4. Autorizar o alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
5. Acordar a disolución da asociación.
6. Designar os fiquidadores.
7. Ratificar a expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva.
8. Solicitar a deciaración de utilidade pública da asociacián.
9. Aprobar o regulamento de réxime interno da asociación.
10. As que sendo de competencia da asemblea ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan agardar a súa convocatoria, sen grave prexuízo para a asociación.
11. Tódalas non conferidas expresamente á Asemblea Xeral Ordinaria ou a Xunta Directiva.
Artigo 23°.- A Asemblea Xeral quedará válidamente constituída sempre que concorran a metade máis un dos asociados na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes, pero, en todo caso, coa presenza do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa.
Artigo 24°.- Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da mayoría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos ós apartados do 1 ó 7 do artigo 22°, que requirirán mayoría de dous terzos. A continuación levaranse os acordos ó Iibro de actas e asinarao o/a presidente/a, o/a secretario/a da Asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada pola mayoría dos membros presentes.
Artigo 25°.- Os acordos adoptados conforme ós preceptos anteriores obrigarán a tódolos/as asociados/as, inclusc ós/ás non asistentes.
As sesión abriranse cando así o determine o presidente. Seguidamente procederase por parte do secretario á lectura da acta da asemblea anterior que deberá ser aprobada.
Posteriormente, o secretario procederá a presentar a orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose ó debate e a aprobación dos correspondentes acordos nos termos contidos nestes estatutos, segundo a materia de que se trate.
Artigo 26°.- Os acordos que vaian contra estes estatutos ou infrinxan os fins da asociación poderán ser recorridos ante a Asamblea Xeral, sen prexuizo de presentar o correspondente recurso ante a xurisdicción ordinaria.
Artigo 27°.-
1. O secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Correspóndelle, asi mesmo, notificar as convocatorias, custodiar as actas e expedir certificacións destas co visto e prace do presidente.
2. O secretario tamén levará o inventario dos bens da asociación nun libro establecido para este efecto. Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do secretario, o presidente designará entre os vocais a un que desenvolva esta función.
Artigo 28.-
1. O tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o presidente, levará a contabilidade da asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborará o borrador de orzamentos da asociación así como as contas de resultados e balances.
2. O tesoureiro ten a obriga de proceder ó peche do exercicio orzamentario antes do 15 de decembro, co fin de que as contas estean a disposición dos membros da asociación nos quince días anteriores á celebración da asemblea ordinaria.
Artigo 29°.- Os vocais Terán as seguintes atribucións:
1. Realizar programas e propostas na súa área de actuación.
2. Desempeñar os traballos que lie sexan encomendados pola Xunta Directiva.
CAPITULO IV
RÉXIME ECONÓMICO
Artigo 30°.- O patrimonio fundacional é de 30€ (500Dpts).A asociación no momento de iniciar as súas actividades dispón dun patrimonio de 2.830 euros. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.
Artigo 31°.- A asociación funcionará en réxime de presuposto anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos. O borrador de presuposto será elaborado polo tesoureiro da asociación, que deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, a fin de que poida ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria.
Artigo 32°.- A asociación manterase dos seguintes recursos:
1. As cotas periódicas dos/as asociados/as.
2. As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola asemblea.
3. As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas, ou particulares.
4. Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
5. Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.
Artigo 33°.- A Asemblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, aprobará tanto as cotas ordinarias corno as extraordinarias que non serán reintegrables en ningún caso. O recadado dedicarase a atender as necesidades da asociación.
Artigo 34°.- Anualmente, con referencia ó ultimo día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición
dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días o sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria que deberá aprobalas ou censuralas.
Artigo 35°.- Para a disposición de fondos das contas que a asociación ten nas entidades
bancarias será necesaria a sinatura conxunta do presidente e do tesoureiro.
Artigo 36°.- Como entidades sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os/as asociados/as OS recursos obtidos pola asociación.
CAPÍTULO V
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
Artigo 37°.- O regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nestes estatutos, como o procedemento de elección dos membros da Xunta Directiva e o procedemento disciplinario, e non pode ir en ningún caso en contra do estipulado neles. En todo caso, o funcionamento interno da asociación estará sometido ó ordenamento xurisdiccional civil.
CAPÍTULO VI
MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN
Artigo 38°.- Os ditos estatutos só poderán ser modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado polas 2/3 partes dos asociados. A proposta de convocatoria deberá ir acompañada do texto das modificación propostas.
Artigo 39°.- A asocíación disolverase voluntariamente por acordo dos asociados adoptado polas 2/3 partes dos asistentes á Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.
Artigo 40°.- Acordada a disolución, a Asemblea Xeral Extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto o/a presidente e o/a tesoureiro/a, procederán para efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.
Artigo 41°.- O haber resultante, unha vez efectuada a liquidación doarase a outra asociación non lucrativa e inscrita na comunidade autónoma que teña iguais ou similares fins que os desta asociación.
O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscripción da disolución da asociación.
DISPOSICIÓN ADICIONAL
En todo canto non estea previsto nos presentes Estatutos se aplicará a Lei Orgánica 1(2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociacións e demáis disposicións complementarias.
Dilixencia para facer constar que os presentes estatutos quedan redactados conforme ás modificacións aprobadas na asemblea xeral extraordinaria celebrada en data 9 de abril de 2021 e coas maiorías previstas nos estatutos da asociación.
A secretaria
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO
XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA
Inscrita a modificación por resolución do 31/05/2021
da asociación n.° 1997/4009-1
aos sós efectos de publicidade de conformidade co
artigo 22 da cofistitución e artigo l6 da L.O. 1/2002.
Pontevedra 31 de Maio de 2021
VISADO
O XEFE DO SERVIZO
Asdo,: Marcos Barreiro García
Información de contacto
Estrada de Trasmañó, Nº 41,
San Vicente de Trasmañó, CP.36811
Redondela (PO)
+34 625 64 29 57