Monta un Bo Cacao

Doazón

Iniciativa solidaria en favor de Andaina

Asociación Andaina Redondela e Pegadas con Alma presentamos a iniciativa

MONTA UN BO CACAO

Promovemos unha iniciativa solidaria Monta un Bo Cacao” dirixida a EMPRESAS e COMERCIANTES. Impulsamos este reto con dous obxectivos definidos:

  • Reivindicar e xerar un compromiso ó acceso ó emprego das persoas con Diversidade Funcional
  • Recadación de fondos para a instalación dunha Cociña Semiprofesional na nosa sede social para a realización do Módulo formativo de Hostalería dos alumnos e alumnas do programa de Formación Prelaboral de Andaina.

Para iso precisamos do apoio e colaboración de vos. Empresas e comerciantes do pobo que nos impulsen para conseguilo.

¿Quere axudarnos? ¿Queres ser o noso sponsor?

Aquelas empresas ou comercios que prefirades aportarnos materiais, ou teñades outra idea para colaborar, estaremos tamén encantados.

Faremos un mapa solidario de Redondela cas entidades participantes, e realizaremos un fin de campaña coa presencia de tódolos nosos sponsor. Estaremos en RRSS, blogs, prensa.

¡Forma parte do RETO! ¡Axúdanos a conseguilo!

II Reto Pegadas con alma

(#PegadasxAndaina)

Pegadas con Alma é unha iniciativa creada por Patri do Camiño e Heidi Vander Biest para impulsar accións de voluntariado social na área de Redondela.

O primeiro reto en 2021 foi colaborar con Asociación Lenda (Saúde Mental) para a reposición de todo o seu material deportivo; o éxito da campaña, permitiu ademáis cubrir diferentes programas de descanso familiar.

Na súa segunda iniciativa, #PegadasxAndaina, ademais da recadación monetaria para a instalación dunha cociña semiprofesional na que desenvolver ao máximo as capacidades e habilidades dos socios, buscaremos reivindicar a importancia de xerar espazos máis inclusivos en contornas escolares, laborais ou familiares.

A razón última de Pegadas con Alma, que conta co respaldo do Concello de Redondela e a Asociación de Empresarios, é contribuír á construción dunha comunidade máis solidaria, sensible e integrada.

sponsor Bo cacao

Información de contacto

Envíanos un correo electrónico para poñerte en contacto coa Asociación Andaina e poñerémonos en contacto o antes posible.
Centro Comunitario, Aula 2-3
Estrada de Trasmañó, Nº 41,
San Vicente de Trasmañó, CP.36811
Redondela (PO)
+34 698 126 334
+34 625 64 29 57
andainaredondela@hotmail.com

Colabora con Nós