Premios Andaina

Premios Andaina

POLA ACCESIBILIDADE E A INCLUSIÓN SOCIAL E LABORAL

Enlace cuestionario online: https://forms.gle/1QUydtAk2C7UKRLP7

Asociación Andaina crea estes premios para recoñecer o compromiso e a labor do comercio, hostalaría, pequena empresa e entidades de Redondela e os Concellos limítrofes , en materia de accesibilidade, inclusión e boas prácticas no mundo socio laboral das persoas con Diversidade Funcional.

O obxectivo destes premios é concienciar o tecido empresarial, as entidades locais e en xeral a sociedade, sobre a necesidade e os beneficios que ten a construción de espazos inclusivos e accesibles, para reducir as desigualdades e a exclusión social e laboral e o mesmo tempo, favorecer a creación de espazos máis comprometidos.

A Asociación Andaina traballa por acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria creando ferramentas que favorezan a plena integración das persoas con diversidade funcional, nos diferentes ámbitos sociais, educativos e laborais. A nosa finalidade é acabar cos estigmas e prexuízos sociais dando a coñecer as capacidades reais das persoas e poñéndoas en valor no seu entorno.

Estes premios, serán o recoñecemento final o esforzo á dedicación e o traballo, das persoas, empresas e entidades que coma nós, buscan romper barreiras e camiñar cara un modelo social comprometido no que todas e todos sumen por igual.

PREMIO DE ACCESIBILIDADE ARQUITECTÓNICA

“O decreto 35/2000 de 28 de xaneiro aproba o regulamento de desenrolo e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia”

Si estás pensando en facer reformas na túa empresa, debes saber que tés que adaptar os espazos tendo en conta a lei de accesibilidade.

Preséntanos o teu proxecto e o valoraremos, para optar os Premios Andaina 2022

• Accesos exteriores con rampla
• Mobilidade no interior
• Mostrador adaptado
• Portas automáticas

PREMIO A ACCESIBILIDADE COGNITIVA

“A accesibilidade cognitiva é un dereito recollido na Convención da ONU sobre os dereitos das persoas con discapacidade”

Si na túa empresa tes un proxecto en mente ou no último ano fixeches intervencións para favorecer a accesibilidade, queremos coñecelo.

Fainos chegar a túa idea e podemos axudarche. Os proxectos presentados participarán nos Premios Andaina 2022

• Sinalización visual
• Sistemas alternativos de comunicación
• Formación profesional en discapacidade
• Formación dos profesionais en lingua de signos

PREMIO A MELLOR PRÁCTICA EN INTEGRACIÓN LABORAL

A “Ley General de Discapacidad” é unha normativa de obrigado cumprimento para empresas con máis de 50 traballadores. Pero nós queremos ir máis alá e que as persoas con discapacidade poidan integrarse laboralmente no noso entorno.

Si no teu negocio ou empresa leváches a cabo no último ano, algunha iniciativa para favorecer a integración laboral das persoas con discapacidade, queremos coñecer o teu proxecto. Cóntanos as accións levadas a cabo, as claves do éxito e a cantas persoas beneficia.

• Formación laboral
• Prácticas en empresa
• Emprego con apoio
• Contratación laboral

ENTIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS

A cultura e o deporte, son ferramentas vitais para a integración social das persoas con discapacidade.

Se pertences a unha organización ou entidade deportiva ou cultural e as persoas con discapacidade están integradas nos vosos programas, indícanos que iniciativas levades a cabo ou que grupos formades. Fálanos dos beneficios e os resultados.

• Deporte adaptado
• Equipos inclusivos
• Promoción da cultura en persoas con discapacidade
• Festivais inclusivos

RECOÑECEMENTO A TRAXECTORIA ACADÉMICA,

PROFESIONAL OU ARTÍSTICA

Queremos recoñecer o talento e as capacidades das nosas veciñas e veciños máis destacados.

Si coñeces algunha persoa con discapacidade que destaca en calquera ámbito polos seus logros, esforzo ou méritos, fainos unha proposta para facerlle o recoñecemento que se merece.

A persoa seleccionada, será galardoada na Gala dos premios Andaina e dende a Asociación, porase en valor o seu mérito, dando a coñecer o seu traballo e buscando espazos donde dar visibilidade as súas capacidades.

BASES PREMIOS ANDAINA

As empresas ou entidades que desexen participar nestes premios, deberán cubrir o cuestionario online no que se indique o proxecto que se pretende levar a cabo, coas características máis salientables e os beneficios que se prentenden acadar. O formulario está dispoñible na páxina web da asociación (https://www.asociacionandaina.com/premios-andaina-inclusion/) . Unha vez examinados os proxectos , a Asociación Andaina poderá requerir ,máis información complementaria, para valorar o proxecto con detalle.

No caso da eliminación de barreiras ou adaptacións cognitivas, estas deberán adaptarse a lexislación vixente en materia de accesibilidade.

No apartado da integración laboral, deberá indicarse o número de persoas beneficiarias, o tempo de duración e a consolidación do proxecto a longo prazo.

As entidades culturais e deportivas, deberán acompañar acordo da xunta directiva para participar nos premios e memoria dos programas levados a cabo, nos que se reflexa o ámbito de actuación e o alcance social do proxecto.

Poderán presentarse proxectos levados a cabo dende o 1 de xaneiro do 2021

Tódalas solicitudes deberán presentarse de maneira online a través do formulario antes do 30 de Xuño do 2022. Nos días seguintes confirmarase vía mail a recepción da solicitude.

Os proxectos presentados, deberán estar rematados a 30 de Outubro de 2022, facéndonos chegar un novo informe cos resultados das adaptacións ou programas de integración.

Membros da Asociación poderán poñerse en contacto coas entidades ou empresas para valorar os proxectos seleccionados.

Os proxectos gañadores nos apartados de accesibilidade e inseción laboral, contarán cun premio económico, ademáis dun distintivo de boas prácticas de inclusión.

1. Premio accesibilidade arquitectónica: 500€ (presentando facturas xustificativas das obras realizadas, ive non incluido, polo importe do premio)

2. Premio accesibilidade cognitiva: 300€ ( presentando facturas de investimento realizado, ive non incluido, polo importe do premio)

3. Premio inclusión laboral: Premio económico dun valor máximo de 500 € en función da categoria e duración do proxecto (formación, prácticas ou contratación)

4. Premio entidade: Cheque regalo de 200€ para investimento a gastar en establecementos de Redondela

A asociación resérvase o dereito de excluir aqueles proxectos que considere que non están acordes coa finalidade dos premios.

A asociación pode declarar o premio deserto en calquera dos seus apartados, así como concedelos ex aequo.

Os premios serán entregados na Gala dos Premios Andaina, que a Asociación celebra na primeira semana de decembro, coincidindo cos actos do Día internacional das Persoas con Discapacidade. Os gañadores de cada categoría, serán notificados 10 días antes, sendo obligatoria a asistencia a Gala para recibir o premio

A participación nestes premios, supoñen a aceptación das bases.

Asociación Andaina de Persoas con Diversidade Funcional
Redondela, 1 de Xaneiro de 2022

cartel andaina

Premios Andaina 2018

Duis aute irure dolor in reprehenderit in voluptate velit esse cillum dolore eu fugiat nulla pariatur. Excepteur sint occaecat cupidatat non proident sunt in culpa.

Premios Andaina 2017

Duis aute irure dolor in reprehenderit in voluptate velit esse cillum dolore eu fugiat nulla pariatur. Excepteur sint occaecat cupidatat non proident sunt in culpa.

Premios Andaina 2016

Duis aute irure dolor in reprehenderit in voluptate velit esse cillum dolore eu fugiat nulla pariatur. Excepteur sint occaecat cupidatat non proident sunt in culpa.

Premios Andaina 2015

Duis aute irure dolor in reprehenderit in voluptate velit esse cillum dolore eu fugiat nulla pariatur. Excepteur sint occaecat cupidatat non proident sunt in culpa.