Asociación Andaina
ANDAINA é unha asociación de acción social, sen ánimo de lucro, que atende a persoas con necesidades especiais.

Programas asistenciais
Programa de terapia con animais.
A terapia con animais pode definirse como unha modalidade de intervención terapéutica na que un animal é parte dun proceso de rehabilitación, reeducación e socialización dunha persoa. Os animais poder ser incorporados a unha gran variedade de programas.os os obxetivos personais a ser alcanzados polo programa de terapia.
O valor terapéutico das sesións de terapia con animais é destacable, tanto para a saúde física coma psicoloxíca das persoas que a ésta acoden. Brindan numerosos estímulos ás persoas con diversidade funcional.
Nestes momentos a asociación estase desenvolvendo as seguintes terapias:
Terapia con cans
Equinoterapia
Terapia con cans
Dise que o can é o mellor amigo do home, polo que dende o ano 2014 a asociación aposta por este tipo de terapia, debido os numerosos beneficios que xeran nas persoas con algún tipo de necesidade especial.
A terapia asistida con cans constitue un recurso terapéutico de moita eficacia en distintos ámbitos relacionados coa discapacidade,
A terapia con cans plantexase como unha ferramenta orientada a enriquecer a intervención coa persoa con diversidade funcional, acadando máis rapidamente os obxetivos marcados. Esta desenvolvese dentro dun proceso terapéutico, é dicir, non se plantea en sustitución doutras modalidades de intervención tradicional, senón que é un complemento para as mesmas.
Co can de terapia traballanse principalmente as seguintes áreas:
-
Área física
-
Área cognitiva
-
Área emocional
A continuación mostranse os obxetivos a alcanzar de maneira xeral polos nenos e nenas da asociación que acoden a esta terapia, independentemente dos obxetivos que se marquen despois de con carácter individual para cada un deles.
-
Aproveitar os beneficios físicos e psicolóxicos que a interacción con animais produce nos procesos de estimulación de persoas con diversidade funcional.
-
Aumentar a calidade de vida e a condición física dos participantes
-
Potenciar as habilidades de comunicación
-
Mellorar a autoestima e autonomía
-
Mellorar as relacións e habilidades sociais (empatía, saudar, interesarse polos demáis…
-
Reducir os estados de ansiedade
Equinoterapia.
A equinoterapia é un método terapéutico que utiliza o cabalo como instrumento ou medio, é considerada como unha terapia alternativa e complementaria a outras modalidades terapéuticas tradicionais, nesta traballase co equino con fins terapéuticos, educativos e estimuladores.
O terapeuta utiliza o cabalo como ferramenta para alcanzar diferentes obxetivos, diseñados segundo as necesidades e posibilidades de cada persoa, para mellorar a súa calidade de vida, a súa saúde física, mental, emocional e a súa adptación social.
A interacción con cabalos para os nenos con diversidade funcional implica unha mellora de habilidades sociais a través do xogo. A nivel terapéutico os animais como os cabalos son moi beneficiosos para nenos con autismo, parálisis cerebral, sindorme de down… son numerosos os estudios que demostran que o calor que desprende o cabalo actúa como relajamte muscular, a vibración das galopadas modifica as conexións neuromusculares modificando patrones posturales, mellorando o movimento. Esta complexa terapia a nivel rehabilitador convirtese nun xogo motivador para os nenos, xa que xera un vínculo entre o cabalo e o neno.
Mediante a equinoterapia traballanse:
-
Estabilización do tronco e da cabeza
-
Corrixe problemas de conduca, illamento, agresividade
-
Diminue a ansiedade
-
Fomenta a confianza e a concentración
-
Mellora o autrocontrol das emocións e autoestima
-
Aumenta a capacidade de adpatación
-
Fortalece a musculatura.