Asociación Andaina
ANDAINA é unha asociación de acción social, sen ánimo de lucro, que atende a persoas con necesidades especiais.

Programas de Ocio e Tempo Libre
Dende Andaina apostamos pola idea de que o ocio das persoas con diversidade funcional debe de ter as mesmas características que o das persoas sen esta peculiaridade, ademáis o ocio é un pilar decisivo para o desenvolvemento integral e o benestar de todas as persoas.
A asociación cree que o ocio é fundamental para levar unha vida sana e plena, polo que a asociación ten en marcha o programa de ocio e tempo libre no que se desenvolven numerosas actividades
Afortunadamente o ocio é unha idea que vai adquirindo unha maior importancia en relación
as persoas con diversidade funcional; cada vez somos máis as asociación que promoven estas actividades e loitamos por crear unha sociedade e un ocio inclusivo, caracterizada polo respeto, o cal coñece e asume a diferencia, promove a igualdade de dereitos e define distintas fórmulas de participación.
Entre as actividades que se realizan neste programa podemos salientar:
-
Ocio xuvenil. Pode definirse coma un espacio de encuentro de ocio entre iguais, é un proxecto consolidado e dirixido os asociados maiores de 15 anos, neste se realizan numerosas actividades culturais (concertos, teatro, baile) e de lecer (paseos, deportes…), atendendo ás súas demandas e gustos.
-
Ocio infantil: Actividades dirixidas aos maís pequenos da asociación, onde se realizan distintos talleres adaptandoos as caacterísticas dos que acoden.
-
Campamentos: A conciliación da vida laboral e familiar é o principal obxetivo deste tipo de actividades, creadas para xerar un espazo de distensión e atención para os asociados de Andaina durante os periodos lectivos.
-
Festas dinamización do centro: O longo do ano realizanse numerosas actividades e festas con diversas temáticas, reis, entroido, fin de curso, xorndas de convivencia, nadal…
Programa de atención as familias.
Dende este servizo pretendese cubrir as necesidades e demandas das familias con membros con diversidade funcional e o seu entorno. En lineas xerais contribue a mellorar a calidade de vida, fortalecendo as familias e promovendo recursos.
A labor deste servizo e acompañar as familias no seu proxecto de vida, partindo dos seus propios recursos e fortalezas, atendendo as súas necesidades e demandas, facilitando instrumentos que sirvan para aumentar o benestar e a calidade de vida de cada un dos membros da unidade familiar.
-
Información, orientación e asesoramento sobre recursos, servizos e dereitos.
-
Provisión de apoios necesarios en tramitación de prestacións, servizos…
-
Valoracón das necesidades socio-familiares.