Asociación Andaina

ANDAINA é unha asociación de acción social, sen ánimo de lucro, que atende a persoas con necesidades especiais.

Proxectos Futuros

Plan de integración laboral: Chegado os 21 anos, idade máxima de escolarización inicianse unha serie de cambios importantes na vida das persoas con diversidade funcional, moitas preguntas invaden os seus pensamentos e os das súas familias, por onde continuar, cara onde orientar a súa vida, polo que creemos necesario a posta en marcha dun servizo de emprego.

Os obxetivos que pergsegue este plan son

  • Acadar a incorporación das persoas con diversidade funcional o mundo laboral ordinario, a través do emprego con apoio.

  • Mellorar as capacidades e habilidades laborais das persoas participantes no proxecto.

  • Promover unha maior autonomía e autodeterminación das persoas con diversidade funcional.

A nosa proposta e a creación do servizo de emprego con apoio, o cal pode entenderse como a creación de postos de traballo normalizados e integrados na comunidade dentro de empresas normalizadas, para persoas con discapacidade, incorporando as axudas necesarias, tratando de que estas condicións sexan o máis similares posibles ás de calquera traballador/a sen discapacidade que ocupe un posto similar.

Caracterízase por ser:

  • Un traballo remunerado en empresas ordinarias, con contrato e para persoas con discapacidade que necesitan seguimento e apoio.

  • Sistema de apoio individualizado que se vai retirando a medida que o/a traballador/a se fai máis autosuficiente e se lle buscan apoios externos.

 

Proxecto colaboración cos colexios/ sensibilización: A sensibilización e a visualización da diversidade é fundamental para acadar unha sociedade o máis inclusiva posible, traballaranse estes valores de igualdade, solidaridade, respeto… conxuntamente coa escola e para o alumnado dos diversos colexios interesados na proposta.

Proxecto centro ocupacional:

A asociación cree na necesidade de crear este servizo para o concello de Redondela e a súa contorna debido as demandas das familias da asociación.

Un centro ocupacional é un servizo especializado de atención as persoas adultas con diversidade funcional, de estancia diurna, destinado a proporcionar habilitación prefesional, persoal e social, para acadar o maior desenvolvemento posible das súas capacidades, persoais, laborais e de integración.

Os obxetivos dos centros ocupacionais teñen doble carácter

  • Atención integral da persoa con diversidade funcional, que promova a súa vida autónoma e a normalización das súas condicións de vida.

  • Ámbito ocupacional ou prelaboral, orientados a facilitar a súa inclusión social.