Asociación Andaina

ANDAINA é unha asociación de acción social, sen ánimo de lucro, que atende a persoas con necesidades especiais.

quen somos

Andaina é unha asociación sen ánimo de lucro creada por pais e nais de nenos con diversdidae funcional no ano 1997, en Redondela. Despois duns anos de inactividade, éstas retomanse no 2011 con máis forza que nunca.

A asociación é un referente na comarca e é a única asociación do concello que atende este tipo de necesidades na infancia, nela englóbanse todo tipo de patoloxias que precisen dalgunha axuda terapéutica, ben sexa física, sensorial ou intelectual.

A asociación xurde como necesidade de dar resposta as inquedanzas dun grupo de pais e nais de nenos con diversidade funcional deste concello, para dar os súas fillas e fillos alternativas na súa vida escolar, social e laboral; para lograr unha integración plena en tódolos aspectos da sua vida, desenvolvendo o máximo as súas capacidades e habilidades, fomentando a súa autonomía, así como a reivindicación dos seus dereitos, ademáis de crear conciencia social.